Neste momento estás a ver Mobilidades de observación a Portugal (KA122): publicados os criterios de selección para o alumnado participante

Mobilidades de observación a Portugal (KA122): publicados os criterios de selección para o alumnado participante

Na semana do 16 ao 23 de marzo de 2025, un grupo de alumnado e profesorado da EOI de Lugo realizará unha mobilidade a Portugal para observar o labor que se realiza en materia de oferta cultural, animación á lectura e á escritura ou alfabetización mediática e informacional. Tamén se visitarán bibliotecas públicas de Lisboa.

Queres formar parte deste grupo de observación?

Xa podes enviar ao correo eoi.lugo.programas.internacionais@edu.xunta.gal a túa carta de motivación para participar nesta mobilidade. Cóntanos por que queres participar nesta mobilidade e como pensas que a túa experiencia pode beneficiar a escola, especialmente a nosa biblioteca e o equipo de voluntariado. O prazo para enviar a túa solicitude remata o día 14 de xaneiro.

Criterios de selección

Consulta aquí os criterios para a selección do alumnado participante na mobilidade para visitar as bibliotecas da cidade de Entroncamento e Lisboa, en Portugal.

A publicación da selección de participantes será o día 24 de xaneiro.