Neste momento estás a ver Procedemento para presentar as candidaturas para as mobilidades de observación para o alumnado durante o curso 2025-2026

Procedemento para presentar as candidaturas para as mobilidades de observación para o alumnado durante o curso 2025-2026

Abrimos o prazo para a presentación de candidaturas para solicitar unha mobilidade do alumnado.

Engadidmos nos formularios un novo criterio de selección que esquecemos publicar no artigo anterior, xa que está incluído no Programa Erasmus+ e debemos telo en conta.

Os formularios de solicitude estarán abertos ata o día 9 de xaneiro.

O día 16 de xaneiro publicaranse a listaxe provisional e o 23 de xaneira a listaxe definitiva.

Instrucións:

É preferible escribir os textos longos nun documento de texto aparte e despois pegalos no lugar correspondente. Deste xeito, evitamos perder a información se pasa moito tempo sen enviar o formulario.
Non será necesario enviar ningún documento acreditativo agás os que sexan para xustificar os niveis de lingua que non se obtivesen na escola. Os títulos ou certificacións que se aceptan son as mesmas que aceptamos para acceder á escola nun curso diferente a A1. Podedes consultalo nesta
ligazón á nosa web.
As cinco últimas preguntas constitúen a carta de motivación e son para xustificar o interese na mobilidade. É importante que as respostas sexan claras e concisas. Pódese consultar a rúbrica de valoración para ver o que se espera.
No caso de que algunha resposta non quede clara, a comisión avaliadora poderá solicitar máis información ás persoas candidatas.

Deixa unha resposta