Abrimos o prazo para que o profesorado presente as candidaturas para acompañar o alumnado nunha mobilidade.
O formulario de solicitude estará aberto ata o día 9 de xaneiro.
O día 16 de xaneiro publicaranse a listaxe provisional e o 23 de xaneira a listaxe definitiva.
Para acompañar o alumnado nas mobilidades de observación, precisamos de dous membros do claustro para cada mobilidade.
Nas mobilidades relacionadas cos clubs de lectura, irán de acompañantes aquelas persoas que dinamicen os propios clubs. Polo tanto, para a mobilidade a Irlanda, cos clubs de lectura de Inglés, non precisamos máis acompañantes.
Na mobilidade relacionada co club de lectura de Alemán, terá preferencia o profesorado que teña coñecementos de alemán.
Na mobilidade relacionada co club de lectura de Portugués, terán preferencia o profesorado que teña coñecementos de portugués e o profesorado que dinamice clubs de lectura ou que pertenza ao equipo da biblioteca.
Na mobilidade de observación do ensino do galego en Leipzig, terán preferencia o profesorado do departamento de galego e o profesorado que teña coñecementos de alemán.
Na mobilidade de observación á biblioteca de Klaipeda en Lituania, terá preferencia o profesorado que forme parte do equipo da biblioteca.
Por outra banda, procuraremos que poidan beneficiarse das mobilidades o maior número de persoas, polo que terán preferencia as persoas que cumplan os requisitos anteriores e non participen noutras mobilidades.
Se o número de solicitantes que cumplan os requisitos é superior ao número de acompañantes que se precisan, faremos unha entrevista persoal para o desempate.


