Neste momento estás a ver Nova data de publicación provisional da selección de persoas candidatas para todas as mobilidades do alumnado

Nova data de publicación provisional da selección de persoas candidatas para todas as mobilidades do alumnado

Finalmente, publicaremos o martes día 20 de xaneiro as listaxes provisionais e o 27 de xaneiro as listaxes definitivas.

Moitas grazas a todas as persoas que solicitastes unha mobilidade.

Estamos moi ledos e moi ledas de que tivera tanto éxito esta chamada. Porén, iso alonga un pouco o proceso de selección, xa que non queremos facer as cousas de calquera xeito. Somo un equipo de cinco persoas que lemos e avaliamos as vosas solicitudes.

Polo tanto, precisamos dun pouco máis de tempo para facelo ben.

En canto saian as listaxes, veredes que hai persoas que foron seleccionadas para varias mobilidades. Esas persoas terán que decidirse por unha das mobilidades cando saian as listaxes provisionais, de xeito que poidamos actualizar correctamente as listaxes definitivas.

As persoas afectadas por esta circunstancia deberán comunicar a súa decisión enviando un correo ao seguinte enderezo: eoi.lugo.programas.internacionais@edu.xunta.gal

Deixa unha resposta