Hoxe celebramos o Día de Europa, pero na Escola Oficial de Idiomas de Lugo xa levamos todo o ano celebrando Europa. Se queres ver como, non tés máis que ler os artigos anteriores a este, para ir vendo o que aprendemos grazas á Acreditación Erasmus. Tamén podedes seguirnos nas redes ou mirar o taboleiro de Europa ao lado da cafetería na escola.
Este ano resumido en números:
- 28 mobilidades de alumnado, con 10 profesoras e profesores acompañantes.
- 11 capítulos do pódcast Erasmus+ EN RUTA
- 10 cursos de formación para o profesorado.
- 5 países implicados, unha idea común: Construímos Europa.
- 2 expertas convidadas de Portugal, que nos deron unha sesión formativa sobre a aprendizaxe das linguas a través da literatura.
- 1 asociación visitante na escola “A Cultiv: Associação de Ideias”
- 1 proxecto e-Twinning: “How does your school make you feel?”
- 1 roteiro na raia de Portugal, no Couto Mixto, hoxe, Día de Europa!
E tamén moito traballo detrás, do profesorado, do alumnado e de todas as institucións colaboradoras.
Grazas, Europa, por darnos a oportunidade de coñecérmonos mellor e de aprender uns dos outros!


