No mes de maio tocoulles a Begoña, do Departamento de Alemán e a tres compañeiras do Departamento de Inglés, unha delas, Ana, da Sección de Sarria, desprazarse a Split para asistir a dous cursos moi diferentes, pero igual de interesantes para o noso proxecto de escola.
Tere e Begoña foron recibir un baño de concienciación medioambiental co estudo da temperatura das augas mariñas, que, aínda estando nós un pouco máis lonxe do mar, axudará a tratar o tema da sostibilidade na escola desde unha perspectiva diferente. O seu curso tiña o título de: Environmental Awareness – Think Blue – Save Seas and Waters for the Sustainable Future.
As dúas Anas centraron a formación no traballo colaborativo e en equipo. Confiemos en que nos xudarán a crear mellores equipos na escola. O seu curso recibía o título de Collaboration, Teamwork and Teambuilding: Create Stronger Bonds in your Classroom.
Abaixo podedes ver os diarios das mobilidades.


