Neste momento estás a ver Comezamos o novo curso xa en movemento

Comezamos o novo curso xa en movemento

A comisión de medio ambiente comezou a traballar o curso pasado coa participación de persoal docente e non docente. Este ano queremos contar coa colaboración do alumnado e darlle unha dimensión europea. 

Por iso, precisamos tamén representación do alumnado que se comprometa a formar parte do equipo de sostibilidade e medio ambiente da escola para promover o desenvolvemento sostible da escola e da contorna. Se tedes interese en participar neste proxecto, escribide un correo electrónico a eoi.lugo.medioambiente@edu.xunta.gal.

Ademais, seleccionaremos cinco persoas para realizar unha mobilidade Erasmus + e facer unha observación do traballo a ONG Slovak Eco Quality en Bratislava, que desenvolve proxectos para promover a sostibilidade a nivel europeo.

Máis abaixo podedes atopar a información máis detallada e o formulario para solicitar esta mobilidade.

Proceso de selección

16-23 de setembro: envío de solicitudes

25 de setembro ás 10 h: publicación da listaxe provisional de persoas seleccionadas.

25-28 de setembro: presentación de reclamacións

29 de setembro ás 21 h: publicación da listaxe  definnitiva de persoas seleccionadas.

Datas da mobilidade

Do 24 ao 27 de outubro de 2026

Obxectivos da mobilidade

Coñecer de preto os proxectos da ONG Slovak Eco Quality

Intercambiar experiencias con outras institucións relacionadas coa defensa do medio ambiente. 

Traer ideas e estratexias sostibles para aplicar na nosa escola.

Establecer un intercambio cultural con outros países da Unión Europea, empregando as linguas de estudo como lingua vehicular.

Profesorado acompañante

Aida Prado Noya (profesora de inglés na Sección de Sarria e membro do equipo de internacionalización)

María José Veiga Díaz (profesora de alemán e coordinadora de internacionalización)

Esta entrada ten 4 comentarios

  1. Regina Buide Lage

    Aunque no tengo experiencia en ello, me gustaría formar parte de este interesante proyecto de Medio Ambiente y Sostenibilidad.

Deixa unha resposta