Neste momento estás a ver Resumo da primeira mobilidade: sostibilidade en Bratislava

Resumo da primeira mobilidade: sostibilidade en Bratislava

Bratislava!

Esta foi a capital europea elixida para a nosa primeira mobilidade deste curso 2025-2026, como parte dun proxecto con alumnado do equipo de sostibilidade e medio ambiente, de recente creación na nosa escola. Durante os días 24-27 de outubro, os cinco alumnos/a e as dúas profesoras acompañantes tivemos a oportunidade de visitar e observar esta marabillosa cidade dende unha perspectiva diferente grazas ós membros da ONG Slovak Eco Quality , os nosos anfitrións no país de acollida. Foron eles os encargados de mostrarnos unha nova forma de entender a sostibilidade a partir de actividades educativas variadas co obxectivo de axudarnos a comprender a importancia dos desafíos medioambientais que temos por diante como sociedade.

Ademáis de visitar o maior centro cultural de Eslovaquiae Nová Cvernovka , un espazo centrado na innovación ecolóxica e sostibilidade social, onde puidemos observar de primeira man como se levaban a cabo diversos obradoiros de reciclaxe, promoción de zonas comunitarias como ortos urbanos públicos, venta de artigos de segunda man etc., participamos tamén en xogos grupais que fomentaban unha maior concienciación sobre a importancia da biodiversidade, as enerxías renovables, así como o consumo local e de proximidade, entre outras temáticas.

Reflexionamos tamén sobre cómo pequenas atitudes diarias e os nosos hábitos de consumo poden marcar a diferencia e do impacto que poden ter no planeta, así como a importancia de promover unha maior responsabilidade co entorno que nos rodea. Precisamente, respecto disto último, o grupo de participantes sacou tamén tempo para reflexionar sobre estas cuestións e cómo poder trasladalas á nosa escola. Saíron ideas moi interesantes como a importancia de facer un maior labor de divulgación dende a EOI para concienciar sobre esta temática, a partir de obradoiros de reciclaxe como os que xa se están empezando a levar a cabo, fomentar o consumo de alimentos de proximidade e veganos, colaborar con expertos da materia para charlas, e promocionar un maior número de actividades medioambientais.

Tivemos tamén a oportunidade de visitar o Green Rooftop da estación de autobuses “Mlynské Nivy” que contaba tamén cun centro comercial no seu interior. Alí fomos realmente conscientes das diferenzas que existen entre os diversos países europeos en canto á promoción de zonas verdes comunitarias, pois atopámonos cunha azotea reconvertida nun espazo con xardíns comunitarios, unha pista para running e ata un hotel de insectos. Algo impensable para nós no alto dun centro comercial. Unha novidade que nos fixo tamén replantexarnos a necesidade de ter espazos que respecten a biodiversidade que existe no planeta. Pero ademais de falar dos retos medioambientais e o cambio climático, tamén houbo tempo para gozar da historia cultural de Bratislava, con visitas a museos e castelos que agochaban historias ancestrais moi interesantes, paseos en barco polo Danubio e charlas onde puidemos confirmar a riqueza histórica e cultural do país e de todo o continente europeo. Por suposto, non podíamos marchar de Bratislava sen probar e gozar da súa gastronomía, visitando tamén algúns restaurantes veganos con menús variados e deliciosos que rematábamos cun toque doce a través de delicias como a “Marlenka”, un pastel tradicional de mel e noces moi típica nos países do este de Europa.

Aquí tés unha receita por se queres probar

Un “souvenir” que todos coincidimos en querer traer con nós para Galicia… para poder seguir así deleitándonos un pouquiño máis e compartir a nosa experiencia pola capital eslovaca.

Deixa unha resposta