Neste momento estás a ver Mobilidade de formación a Atenas (Grecia)

Mobilidade de formación a Atenas (Grecia)

Na semana do 16 ao 23 de febreiro, dúas profesoras do departamento de inglés participaron nunha mobilidade de formación en Atenas, dentro do programa europeo Erasmus+ de curta duración KA122 “M+I+S=Metodoloxía, Inclusión e Sostibilidade. Cara a unha EOI máis inclusiva e sostible”. Como un dos obxectivos deste proxecto é promover obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, na capital grega realizaron o curso “Agenda 2030. ICT Tools for Sustainable Development” (Axenda 2030. Ferramentas TIC para o Desenvolvemento Sostible). Na seguinte presentación, Elena Longo e Ana Álvarez comparten con nós o que aprenderon nesta experiencia formativa.

Diario Atenas: Agenda 2030. ICT Tools for Sustainable Development (Axenda 2030. Ferramentas TIC para o Desenvolvemento Sostible).