Neste momento estás a ver Concurso de logo para a Acreditación Erasmus da EOI de Lugo

Concurso de logo para a Acreditación Erasmus da EOI de Lugo

Este curso 2024/2025, a EOI de Lugo acadou a ansiada Acreditación Erasmus no ámbito da Educación de Persoas Adultas (KA120) para desenvolver mobilidades de profesorado e alumnado ata 2027.

Bases do concurso de creación de logo

Primeira. Obxecto do concurso.

Deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa das actividades que se desenvolvan dentro do marco desta Acreditación Erasmus no ámbito da Educación de Persoas Adultas (KA120) entre os anos 2025 e 2027.

Segunda. Participación.

Pode participar no concurso calquera persona física que estea matriculada na EOI de Lugo durante o curso 2024-2025.

Terceira. Propostas.

Cada participante pode presentar un máximo de dúas propostas de deseño. Estas consistirán na presentación dun logotipo integral, é dicir, un símbolo coa denominación Acreditación Erasmus+ EOI de Lugo 2025-2027. 

Os deseños deberán ser orixinais e inéditos. Ao presentar a súa candidatura, cada persoa participante comprométese a que o logotipo proposto é froito da súa creatividade persoal, que é o seu propio traballo, e que non infrinxiu dereitos de autor de terceiros.

Cada logotipo deberá ser presentado en arquivo PNG, así como en formato vectorial (SVG, AI, EPS ou PDF son os máis comúns), e ter unha resolución mínima de 400 x 400 píxeles. O logotipo deberá presentarse en cor e en branco e negro para a súa adaptación a versión en negativo.

Serán excluídos todos aqueles logotipos que teñan connotacións sexistas, xenófobas, racistas ou ofensivas contra persoas ou colectivos.

Cuarta. Presentación.

Os deseños de logotipos presentaranse en soporte dixital vía correo electrónico ao enderezo eoi.lugo.programas.internacionais@edu.xunta.gal.

Quinta. Prazos.

O prazo de presentación dos deseños dos logotipos abrirá ás 00:00 horas do día 9 de maio de 2025 e finalizará ás 23:59 horas do día 16 de xuño de 2025.

Sexta. Criterios de valoración.

O xurado, que estará composto por un número impar de profesorado membro do equipo Erasmus da EOI de Lugo, valorará positivamente os seguintes aspectos:

a) A identificación da proposta de logotipo cos obxectivos da Acreditación Erasmus + da EOI de Lugo:

  1. Converter a escola nunha comunidade de aprendizaxe permanente inclusiva e sostible. 
  2. Formar o profesorado en IA e en metodologías TAC, TIC e TEP que lle permitan axudar a mellorar as competencias de todo o alumnado, tendo en conta a singularidade de cada individuo. 
  3. Lograr a implicación de toda a comunidade educativa na xestión do centro e no compromiso coa sociedade a través dunha estratexia integral do centro.
  4. Converter o centro nun espazo de reflexión e implicación na protección do medio, que forme parte da estratexia integral do centro, descrita no obxectivo 3. 

b) O deseño creativo e innovador. 

c) A adaptabilidade do deseño a calquera soporte de difusión (papel, cartas, tarxetas, carteis, correo electrónico, web, redes sociais…).

Sétima. Premio.

Establécese un premio único de 50€ para realizar unha compra nalgún establecemento local dedicado a vénda de libros ou material de debuxo e belas artes. Ademais, farase entrega á persoa gañadora dun diploma que certifique a obtención do premio e a autoría do deseño será recoñecida nas publicacións que realice a EOI de Lugo.

Oitava. Composición do xurado.

O xurado do concurso estará formado por:

• O director da EOI de Lugo.

• A coordinadora de programas internacionais da EOI de Lugo.

• Tres membros do equipo Erasmus+ da EOI de Lugo.

Novena. Publicación do logotipo gañador.

A EOI de Lugo comunicará os resultados do concurso o día 27 de xuño de 2025 a través das súas canles institucionais en redes sociais.

Décima. Cesión de dereitos de autoría.

A persoa gañadora do concurso cede todos os dereitos en relación co traballo realizado e presentado ao concurso, á Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Desta maneira, a EOI de Lugo pasará a ser propietaria de todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual que puidesen corresponderlle en relación co gráfico e coa denominación, así como calquera outros que lle puidesen corresponder, así como a súa licenza “copyright”. Da mesma forma, tamén se ceden os dereitos de manipulación, edición, exposición e reprodución. A propiedade, utilización e dereitos do traballo gañador quedarán exclusivamente á Escola Oficial de Idiomas de Lugo. As persoas gañadoras renuncian sen limitación a calquera reserva de dereitos no seu favor ou a calquera outro dereito sobre o deseño.

As persoas gañadoras faranse totalmente responsables fronte a reclamacións que puidesen xurdir de cualquera natureza ou que terceiras persoas puidesen facer ao respecto, sen carácter exhaustivo, á orixinalidade, parecidos ou copias parciais dos traballos presentados.

Undécima. Protección de datos.

As persoas organizadoras e as candidatas coñecen e obríganse a cumplir o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos personais e á libre circulación destes datos (RGPD), así como no que non resulte contrario á normativa europea, a Ley Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos digitais e a súa normativa de desenvolvemento, e/ou aquelas que as puidesen substituir ou actualizar no futuro.

As persoas candidatas son conscientes de que, mediante a presentación da candidatura, consinten que os seus datos personais recollidos, así como aqueles que se puidesen recoller no futuro para poder dar cumprimento ou unha correcta execución, poderían ser incorporados pola outra Parte ao seu propio ficheiro automatizado ou non de recollida de datos co fin de executar correctamente os compromisos.

A organización comprométese a que estes datos personais non serán comunicados en ningún caso a terceiros. Se, en caso contrario, se tiver que realizar algún tipo de comunicación de datos personais, deberá solicitarse o consentimento expreso, informado, e inequívoco da persoa candidata que é titular dos devanditos datos de carácter persoal.

A organización obrígase mantener en secreto a citada información, tanto durante o período de concurso, como ao seu término, salvo nos aspectos que tivesen pasado ao dominio público o for notoria por medios alleos á escola.

Desta cláusula non resulta ninguna limitación ou restrición para as partes en canto ao exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad ou oposición cos que puidesen contar.

Duodécima. Aceptación das bases.

A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases. Todo caso non previsto nas presentes bases será resolto polo xurado, comunicando a cada participante tal decisión.