Na semana do 9 ao 16 de marzo, dúas profesoras, dos departamentos de inglés e alemán, participaron nunha mobilidade de formación en Viena, dentro do programa europeo Erasmus+ de curta duración KA122 “M+I+S=Metodoloxía, Inclusión e Sostibilidade. Cara a unha EOI máis inclusiva e sostible”. Como un dos obxectivos deste proxecto é promover a inclusión na metodoloxía de linguas, na capital austríaca realizaron o curso “Universal Design for Learning: Strategies and Digital Tools to Support all Learners” (Deseño universal da aprendizaxe. Estratexias e ferramentas dixitais para apoiar a todo o alumnado). Na seguinte presentación, Tere García e Begoña Martínez comparten con nós o que aprenderon nesta experiencia formativa.

Mobilidade de formación a Viena (Austria)
- Autor da entrada:Internacionalizacion
- Publicación da entrada:
- Categoría da entrada:Erasmus+ / Internacionalización / KA122-ADU / Mobilidade
Tamén podería gustarche
Logo sairán os detalles das mobilidades para o alumnado
Difusión do proxecto M+I+S=Metodoloxia, inclusión e sostibilidade. Cara a unha EOI máis inclusiva e sostible

