Neste momento estás a ver Mobilidade de formación a Gante (Bélxica)
Mobilidade de formación a Gante

Mobilidade de formación a Gante (Bélxica)

Na semana do 7 ao 11 de abril, dúas profesoras, dos departamentos de inglés e alemán, participaron nunha mobilidade de formación en Gante, dentro do programa europeo Erasmus+ de curta duración KA122 “M+I+S=Metodoloxía, Inclusión e Sostibilidade. Cara a unha EOI máis inclusiva e sostible”. Como un dos obxectivos deste proxecto é potenciar as estruturas de coordinación didáctica, tanto de idioma, ciclo e curso, como dos departamentos docentes, fomentando o traballo en equipo e o intercambio de experiencias, na cidade flamenca realizaron o curso Leadership and Management for School Principals (Liderado e xestión para direcciones de centros educativos). Na seguinte presentación, Fátima Fugarolas e María José Veiga comparten con nós o que aprenderon nesta experiencia formativa.

Diario de Gante de Escola Oficial de Idiomas de Lugo