Neste momento estás a ver Mobilidade de formación a Dublín (Irlanda)
Mobilidade a Dublín

Mobilidade de formación a Dublín (Irlanda)

Na semana do 24 ao 29 de marzo, dúas profesoras, do departamento de inglés, participaron nunha mobilidade de formación en Dublín, dentro do programa europeo Erasmus+ de curta duración KA122 “M+I+S=Metodoloxía, Inclusión e Sostibilidade. Cara a unha EOI máis inclusiva e sostible”. Como un dos obxectivos deste proxecto é potenciar as estruturas de coordinación didáctica, tanto de idioma, ciclo e curso, como dos departamentos docentes, fomentando o traballo en equipo e o intercambio de experiencias, na cidade flamenca realizaron o curso Design Learning Spaces for the 21st Century Classroom (Deseño de espazos de aprendizaxe na aula do século XXI). Na seguinte presentación, Gema Fernández e Jennifer Rodríguez comparten con nós o que aprenderon nesta experiencia formativa.

Diario Dublin de Gema Fernández