Neste momento estás a ver Semana Erasmus+

Semana Erasmus+

Esta semana foi unha marabillosa semana Erasmus+, que comezou coa a asistencia ás xornadas iniciais de proxectos de mobilidade KA121, en Huelva. Alí estivemos aprendendo as novidades na xestión das mobilidades, coñecendo compañeiras e compañeiros que se están embarcando na experiencia da Acreditación Eramus, igual ca nós e outras persoas que xa levan moitos anos poñendo en práctica proxectos KA121 e que compartiron con nós toda a súa experiencia.

Volvemos o mércores cargadas de novas ideas e con moitas ganas de poñer o broche de ouro ao proxecto KA122, co picnic literario nos hortos urbanos.  Esta festa de comezo de curso conxugou dun xeito excepcional a celebración do Día europeo das linguas, a finalización do proxecto KA122 e o comezo do KA121 coa presentación dos clubs de lectura e unha merenda multicultural nunha contorna natural incomparable: os Hortos urbanos do Río Rato.

Picnic literario

Deixa unha resposta